
Tal e como foi anunciado na circular de lanzamento do VIII Congreso Internacional de Dialectoloxía e Sociolingüística. Cartografías da lingua: variación, contacto e planificación (CIDS 2026), organizado polo Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela en parcería co Projeto Atlas Linguístico do Brasil, facemos pública esta Segunda Circular en que anunciamos os nomes das persoas homenaxeadas, que impartirán as conferencias plenarias, así como información práctica sobre o sistema de envío de propostas e o pagamento.
Por outra banda, ampliamos o prazo de envío de propostas indicado na anterior circular ata o 15 de decembro de 2025.
Agradecémosvos a difusión desta información entre as persoas que poidan estar interesadas.
Será un pracer para nós poder contar coa vosa presenza do 13 ao 16 de xullo de 2026 no VIII CIDS!
